News
Axudas Emprego Autónomo
- 20/01/2012 -
A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que, pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais fomentando a creación de emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada.
Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e as condicións establecidos nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2011 ata o 30 de setembro de 2012, ambos inclusive.

Tipos de axuda
-Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia
-Subvención financeira.
-Subvención para asistencia técnica.
-Subvención para formación.
-Axuda excepcional.
-Subvención pola primeira contratación indefinida.

O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo finalizará o 30 de setembro de 2012, aínda que non transcorresen os prazos específicos previstos para cada tipo de axuda.

Mais información na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello e na páxina da Consellería de Traballo: http://www.xunta.es/catalogo-de-procedementos?codCons=TR&codProc=341D




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade