Charla informativa sobre a IXP Castaña de Galicia en Covelo.
- 19/01/2026 -
O Concello de Covelo acollerá unha charla informativa sobre a Marca de Calidade IXP Castaña de Galicia, unha oportunidade para coñecer en profundidade o valor, a protección e as posibilidades deste produto tan ligado ao noso territorio.
Luns, 19 de xaneiro de 2026
Ás 11:00 h
Auditorio Municipal de Covelo
(Travesía de Vigo, 7 - O Covelo)