Curso de Capacitación Dixital.
CURSO GRATUÍTO DE CAPACITACIÓN DIXITAL EN COVELO
O Concello de Covelo ofrece talleres prácticos de capacitación dixital, sen límite de idade, dirixidos a persoas desempregadas, non activas ou xubiladas/pensionistas.
Do 23 ao 27 de febreiro de 2026
De 10:00 a 13:00 h
Sala Multiusos (baixo a Galiña Azul)
Talleres incluídos (15 h cada un):
->Trámites con centros de saúde e outros organismos
->Ferramentas ofimáticas básicas
->Uso de móbil e/ou tablet
->Correo electrónico
->Certificado dixital
Requisitos:
Residir no concello de Covelo
Estar desempregado/a ou inactivo/a (xubilado/a ou pensionista)
Inscricións:
No Concello de Covelo, nas oficinas xerais,
de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h
Prazo aberto ata o 18/02/2026
Unha oportunidade perfecta para mellorar as túas competencias dixitais e gañar autonomía no día a día
Prazas limitadas (15 prazas).
