Axenda
Ciclo Mestre Mateo en Covelo
- 03/12/2025 -
Chega ao Auditorio Municipal unha das películas máis impactantes do cinema galego recente: Xustiza Artificial.
Proxección: Mércores 3 de decembro ás 18:00 h
Auditorio Municipal de Covelo

Sobre a película:
Nun futuro próximo, o Goberno español propón un referendo para implantar un sistema de Intelixencia Artificial que substituiría ao persoal xudicial en todos os tribunais. O país entra nunha campaña electoral feroz entre tecnoloxía e xustiza humana.

Carmen Costa, unha xuíza recoñecida, é convidada a participar no proxecto… pero a misteriosa desaparición da científica que o creou fará saltar todas as alarmas. O que parece unha innovación histórica pode estar agochando unha conspiración capaz de controlar todo un país.

Protagonizada por Verónica Echegui, Tamar Novas, Alba Galocha e un gran elenco, Xustiza Artificial foi candidata aos Premios Mestre Mateo á Mellor Longametraxe.

Entrada libre ata completar aforo.
Non perdas esta emocionante historia onde a tecnoloxía, o poder e a verdade se enfrontan cara a cara.





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade