News
Llega a Covelo el Ciclo Maestro Mateo.
- 23/11/2025 -
Cine gallego del bueno: humor, emoción y historias que no dejan indiferentes.

Este novembro e decembro, Covelo énchese de cine! O noso concello súmase ao Ciclo Mestre Mateo, o programa que leva polos municipios da provincia as mellores longametraxes e documentais finalistas e gañadores dos Premios Mestre Mateo.

Un ciclo promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, que achega á veciñanza o talento, a creatividade e as producións máis destacadas do audiovisual galego.

Ao longo das próximas semanas iremos publicando os carteis con todas as datas, horarios e lugares das proxeccións.
Pero xa che podemos adiantar a fantástica programación que teremos en Covelo!

PROGRAMACIÓN DO CICLO MESTRE MATEO EN COVELO
LONGAMETRAXES

+ CUÑADOS
HONEYMOON
AS NEVES
XUSTIZA ARTIFICIAL
DOCUMENTAIS
AURORA
FIMEI – Paxaros Voando
Prefiro Condenarme
Salvaxe

Historias para rir, para emocionarse, para reflexionar e para celebrar o extraordinario momento do cine galego.

E comezamos cunha boa dose de humor!
 CUÑADOS abre o ciclo en Covelo

Casa Cultural de Moeiros – Paraños
Domingo, 23 de novembro de 2025
18:00 h




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade