O programa Máis Convivir chega a Covelo co obxectivo de promover o benestar, a participación social e o encontro entre veciños e veciñas a través de actividades saudables, dinámicas e pensadas para todas as idades.
Un espazo para coidar o corpo, a mente e a comunidade, creando momentos compartidos que fortalecen a convivencia e fomentan un estilo de vida activo e positivo.
Poderedes participar nas actividades incluídas no programa:
Risoterapia
Nutrición
Zumba
Inchable para desfrutar en familia
E ao rematar, un viño galego acompañado de música en directo
Actividade organizada coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
