Axenda
XI Galardóns Síntete Covelo 2025
- 18/11/2025 -
Xa está aberto o prazo para presentar candidaturas aos galardóns que cada ano recoñecen o traballo de persoas e entidades que destacan pola súa traxectoria, polos seus proxectos, pola defensa das tradicións, pola promoción de Covelo e de Galicia, ou polo seu labor no deporte, na cultura, na ciencia, no medio ambiente e en tantos ámbitos máis.
Podes propoñer a quen ti queiras, ou incluso propoñerte a ti mesmo/a.
Presentación por correo, rexistro ou nas oficinas do Concello.
Ata o venres 5 de decembro ás 14:00 h.
Dúas persoas ou entidades serán recoñecidas nun acto público o 27 de decembro ás 18:30 h no Auditorio Municipal.
Para consultar as bases entra aquí.


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade