Axenda
Cursos YoConecto para maiores de 60 anos en Covelo.
- 01/12/2025 -
O Concello de Covelo organiza no mes de decembro e xaneiro unha serie de talleres gratuítos dirixidos ás persoas maiores para mellorar as súas competencias dixitais e gañar confianza no uso da tecnoloxía.

Programación:

Lugar: Multiusos do Concello de Covelo

  • Iniciación ao mundo dixital → 1, 2, 3 e 5 de decembro (10:30-12:30)

  • Comunica con confianza: WhatsApp e Telegram → 9, 10, 11 e 12 de decembro (10:30-12:30)

  • Ocio dixital: Apps para desfrutar da tecnoloxía → 15, 16, 17 e 19 de decembro (10:30-12:30)

  • Apps para xestionar trámites en Internet → 12, 13, 14 e 15 de xaneiro (10:30-12:30)

Todos os cursos son de balde e con prazas limitadas.
Inscricións de forma presencial no Concello de Covelo ou na sede electrónica cunha instancia xeral na páxina web  www.concellodecovelo.es indicando o curso que se quere realizar.

Estas actuacións forman parte da iniciativa Generación D, impulsada por Red.es, Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, e están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation EU.

 




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade