Present News



Primeira cita co roteiro de montaña da Forca do Lobo
- 27/01/2023 -

O Concello de Covelo ofrece de xeito estable ao longo de todo ano roteiros guiados por un experto guía de montaña
A concellería de Turismo do Concello de Covelo convida a participar no primeiro roteiro de sendeirismo deste ano 2023 organizado dentro da programación estable de oferta de lecer na natureza que ofrece o Concello.


Este domingo día 29 as persoas interesadas poderán camiñar polo sendeiro da Forca do Lobo PRG-231 de 13 kms de percorrido e dificultade alta. A duración da actividade é de aproximadamente 5 horas sendo a hora de inicio ás 9 horas dende o Lugar de Campo.


As persoas que queiran participar deberán inscribirse no número de teléfono 654 500 652 (Julio Eiroa). A organización recomenda levar calzado e roupa axeitada así como alimento reconstituínte e bastón de camiñar.


O programa “Roteiros e serradoiro dos Carranos” que oferta de balde o Concello de Covelo contan co acompañamento dun guía de montaña e co apoio da Deputación de Pontevedra.


O guía e biólogo, Julio Eiroa, recoñecido recentemente co premio Síntete Covelo polo seu fondo coñecemento e defensa do patrimonio natural do Concello, adentrará ás persoas participantes na riqueza da fauna e flora da montaña.


Actividades para todas e todos

Ademais, a iniciativa complétase con actividades para todas as idades co obxectivo da posta en valor da nosa riqueza natural a través do coñecemento da mesma. Por este motivo, o Concello de Covelo tamén ofrece de xeito gratuito actividades para os nenos e as nenas do colexio público CEIP Antonio Blanco Rodríguez. O alumnado de primeiro e segundo de Primaria participou no roteiro polo río Tea en Maceira no marco dun oferta de excursións coas que terán novas citas ao longo do curso.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade