Corpo e emocións en movemento Obradoiro de biodanza para mulleres.
O Concello de Covelo convídavos a participar nunha nova actividade dentro do Programa Clara.
Venres 22 de agosto
18:00 h
Carballeira Campo da Feira en Covelo
Imparte: María Luisa San Martín
Ciclo de 8 sesións vivenciais para traballar o benestar, a autoestima e o empoderamento a través da música, o movemento e a expresión corporal.
Que é o Programa Clara?
É un servizo integral municipal pensado para apoiar ás mulleres e ás persoas que delas dependen, cunha dobre vertente:
->Atención psicolóxica → desafogo emocional, xestión do estrés e da ansiedade, orientación con respecto a menores e ferramentas de autocuidado.
->Atención xurídica → información e apoio en casos de violencia de xénero, conflitos familiares, acoso, nacionalidade, estranxeiría, discapacidade ou resolución de conflitos.
As consultas son gratuítas, individuais e con cita previa, presenciais ou online.
Contactos para cita previa:
Sonia (psicóloga): 687 227 495
María Jesús (avogada): 606 118 853
Non perdas esta oportunidade para coidarte, compartir e empoderarte coa túa comunidade!
.jpg)