En concreto, o Concello de Covelo obtivo o apoio desta administración para os proxectos xa executados de “eliminación de fugas nas redes de abastecemento de auga potable” para o que lle concederon 5.280,83 euros; tamén recibe 4.524,66 euros para novas captacións e 2.210,93€ para conexións puntuais a outras redes por emerxencia.
O alcalde, Pablo Castillo, explica que é indispensable realizar a diario unha boa xestión, manter as contas saneadas para estar en disposición de aportar a porcentaxe correspondente e presentar proxectos axeitados ás diferentes liñas de axuda e financiamento para obter todo o apoio posible e así mellorar os servizos públicos ofrecidos no concello.