Novas
Covelo propón un espazo de reflexión colectiva coa primeira edición de €Pensando no Verán€
- 28/07/2025 -
O Concello de Covelo presenta a primeira edición de Pensando no Verán, unha iniciativa cultural que aposta por recuperar o pensamento crítico e a reflexión pausada nun tempo marcado pola vertixe e a superficialidade. A proposta, financiada pola Deputación de Pontevedra, celebrarase entre os días 12 e 23 de agosto na Reitoral de Santa Marina e contará cun ciclo de relatorios que xirarán arredor dun tema central: a invisibilización da memoria da escravitude en Galicia e en España.
Reitoral de Santa Marina - Do 12 ao 23 de agosto - 19:30 h.



    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade