"A GAITA GALEGA" con ANTÓN KE en Covelo
- 18/07/2025 -
O vindeiro venres 18 de xullo, ás 20:30 h na Praza Mestre Cerviño, achegamos unha actividade para toda a familia, especialmente para os máis cativos.
Un espectáculo que combina contos ilustrados e poemas musicados con ukelele, inspirado na obra A gaita galega de Xoán Manuel Pintos.
Un xeito didáctico e divertido de reflexionar sobre o uso do galego na actualidade, sensibilizando sobre a importancia da nosa lingua.
Non o perdas! Música, teatro e moita cultura na rúa!
Actividade organizada polo Concello de Covelo
Financiada pola Xunta de Galicia – Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
