Horarios e afectacións ao tráfico no concello de Covelo do Rally SURCO o sábado 12.07.2025 Lourido-Barcia de Mera-Lougares-Mondariz.
- 12/07/2025 -
Os horarios previstos para este treito son os seguintes:
-Hora de peche do treito ao tráfico: ás 07:38 h. da mañá.
-Hora de paso do primeiro vehículo na primeira pasada: ás 08:48 h
-Hora de paso do primeiro vehículo na segunda pasada: ás 12:56 h.
-Hora de reapertura ao tráfico: ás 15:30 h.
O paso dos vehículos pola Praza de Covelo en tramo de enlace aberto ao
tráfico está previsto para a partir das 07:48 h. da mañá.
Lémbrase que entre pasada e pasada o treito permanecerá pechado, non se
permitirá a circulación de vehículos nin o acceso de persoas.
Pedimos a máxima colaboración da veciñanza para garantir a seguridade de todas as persoas asistentes e participantes.