Apertura da Piscina Municipal de Covelo 2025
- 25/06/2025 -
A tempada estival da Piscina Municipal de Covelo comezará o martes 1 de Xullo e rematará o domingo 7 de Setembro en horario CONTINUO de 12:00 a 20:00 horas.
FORMA DE ACCESO: Libre ata completar o aforo. PREZO: 1,5 € maiores de 12 anos e 1 € nenos e nenas de ata 12 anos. Ás clases de ximnasia de mantemento para adultos e natación para nenos, nenas e adultos accederase previa inscrición nas instalacións ou no concello. Terán preferencia as persoas empadroadas en Covelo. Nas oficinas municipais poderanse adquirir paquetes de 30 BONOS DE PISCINA.
Información sobre as actividades da Piscina Municipal de Covelo
aquí