Axenda
Sábado 07.06.2025 Feira de Artesanía, produto local e de segunda man.
- 07/06/2025 -
De 10:00 a 14:30 h na praza Mestre Cerviño-Covelo
Volvemos con todo o sabor do produto local, a creatividade da artesanía, e artículos de segunda man… e moitas novidades!
Novo formato de obradoiro de cociña con degustación!
Será necesaria inscrición previa.
Participación limitada a 15 cativos/as e 15 persoas adultas.
A inscrición realizarase cubrindo unha instancia xeral dispoñible indicando, nome, apelidos, idade, domicilio e telf. contacto participantes:
-na sede electrónica da web do Concello: www.concellodecovelo.es
-ou de forma presencial nas oficinas municipais
-Prazo aberto do 23 de maio ata as 14:00 h do 4 de xuño
Máis cousiñas.....
*Café Repair: un espazo colaborativo onde persoas voluntarias se axudan entre si para reparar obxectos de todo tipo
*Posto de voluntariado social do Concello: TROCA/COLABORA
*Recolleranse alimentos non perecedoiros e tapóns solidarios. Un pequeno xesto que pode marcar a diferenza.
*Música en directo coa enerxía de Barallokas e un gran peche de feira na sesión vermú con Toti Voz, que nos fará cantar e bailar con cancións populares en español e inglés: rock, pop, rumba e clásicos para todos os gustos!
E como non pode ser doutra maneira… haberá pulpeiro! Un clásico imprescindible das nosas feiras para acompañar a mañá con bo sabor.
Para máis información sobre as actividades, podedes chamar ao teléfono do Concello: 986 650 027 (ext. 4) – Concellería de Cultura.
Un plan perfecto para gozar, mercar con sentido e vivir Covelo
Organiza: Concello de Covelo
Financia: Deputación de Pontevedra

Volvemos con todo o sabor do produto local, a creatividade da artesanía, e artículos de segunda man… e moitas novidades!



    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade