A iniciativa, financiada pola Deputación de Pontevedra con cargo as SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS AOS CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O FOMENTO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E A PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO PARA O ANO 2025, é un proxecto da concellería de servizos sociais e da muller que busca ofrecer un espazo seguro e próximo no que as mulleres poida compartir experiencias, recibir información, mellorar o seu auto coñecemento, autonomía e confianza para a toma de decisións cara a un estado de benestar integral en todas as súas etapas da vida: xuventude, maternidade, sexualidade e madurez. Trátase dunha actividade de fomento da Igualdade, sensibilización, empoderamento e loita contra a violencia de xénero.