DECLARACIÓN DA RENDA 2024 ASISTENCIA TECNICA PRESENCIAL PARA CONFECCIÓN DA DECLARACIÓN DO IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS POR VIDEOASISTENCIA
- 21/04/2025 -
Por acordo de colaboración entre o concello de Covelo e a Agencia Estatal de Administración Tributaria, todas as persoas veciñas de Covelo, disporán mediante vídeo conferencia, de asistencia de persoal técnico da administración tributaria para a confección da declaración da renda das persoas físicas 2024 nas dependencias da Biblioteca Municipal de Covelo.
Cita para a atención por “Vídeo asistencia desde Entidad Local” nos prazos establecidos para atención telefónica e presencial nas oficinas da Agencia Tributaria.
Reservar cita a partir do 29 de Abril
Tlf 91 553 00 71 – 901 22 33 44
Lugar de atención por videoconferencia: Biblioteca Municipal de Covelo. Travesía de Vigo nº7 Covelo. Do 6 de maio a 30 de xuño
Días e horas: De luns a venres de 11:00 a 13:00 horas dende o 6 de maio a 30 de xuño.
Para + info sobre os requisitos consultar o anuncio seguinte:
.jpg)