Crea a túa COMUNIDADE ENERXÉTICA.
- 24/04/2025 -
Xoves 24 de abril ás 20:00 h no Auditorio Municipal de Covelo (Travesía de Vigo, 7)
A Deputación Provincial de Pontevedra, a través da Oficina de Transformación Comunitaria e o programa +Renovables, organiza en colaboración co concello de Covelo esta reunión informativa sobre as Comunidades Enerxéticas de producción e autoconsumo. O acceso será libre e destinada a todos os interesados.