Novas
A serra do Súído e as costas do Alén. Proxecto de accións para incrementar a biodiversidade.
- 04/04/2011 -
Exposición itinerante, xornadas informativas, xornadas de participación e voluntariado, roteiro guiado...
“A serra do Suído e costas do Alén”

Exposición no concello de Covelo

“A serra do Suído e costas do Alén”, e unha exposición sobre os valores destes dous lugares do concello, que contan cunha gran riqueza de biodiversidade.

A exposición, está formada por 7 paneis explicativos, que recoren os habitats mais significativos da serra, e ribeira : as matogueiras, os bosques, os ríos, as turbeiras e humedais, así como o seu  gran patrimonio etnográfico.


Exposición itinerante

Despois do seu paso polo concello, a exposición comezará unha viaxe que a levará polos seguintes lugares:

·       Barcia de Mera

·       Bar de

·       Reitoral de Fofe

·       A Graña

·       CUVI

 

Unha vez rematada a itinerancia, a exposición descansará nun lugar permanente do concello.

 

O proxecto: Accións para incrementar a Biodiversidade da Serra do Suído e costas do Alén

A exposición está encadrada dentro do proxecto de conservación do patrimonio natural na serra do suído e nas costas do río alén, que se está a desenvolver dende outubro do ano pasado, e que conta co apoio das comunidades de montes de Barcia de Mera, Campo e Fofe.

Abrangue 3 áreas:

1.             Facer un inventario das especies e hábitats de maior importancia ecolóxica en toda a serra do suído.  para conservar mellor a longo prazo, é imprescindible saber máis sobre o estado actual da biodiversidade.

2.             Realizar unha serie de accións prácticas en sete diferentes lugares nos montes veciñais de campo, fofe e barcia de mera, para mellorar a calidade dalgúns dos hábitats máis importantes.

3.             Actividades e materiais complementarios para informar, sensibilizar e animar a participación de veciños e do público xeral nesta importante aposta para a conservación do valor natural do suído.

O proxecto é posible grazas a un premio recibido da Rede +Biodiversidade 2010 da Federación española de municipios e provincias.

Sensibilización e participación

Outras accións dentro do proxecto, que se desenvolverán nos meses de marzo, abril e maio son:

1. Charlas formativas ao público xeral, sobre o valor do patrimonio natural e etnográfico local, con especial incidencia na Rede Natura 2000:  En Barcia de Mera e en Fofe.

2. Xornadas voluntariado, dirixido a veciños e veciñas:

·       En Chan de Mons: instalación de caixas niño, eliminación rebrotes eucalipto.

·       No pastizal de Fofe: limpeza pedras-tobogán, arreglar chozo, plantas acuáticas no abrevadero.

Xornada formativa gandeiros, sobre a interacción da gandeiría e o medio natural na Serra do Suído: Na Graña.

 

10 saídas educativas:

Con grupos escolares  

·       Itinerario polo río Alén desde o mosteiro.

·       Estudo de hábitats de río e ribeiras, mostreo de macroinvertebrados.

Con outros grupos

Roteiro de 4-5 horas pola serra incluíndo Portela das Travesas, Chan do Libro,  Bidueiros, pastizal de Fofe, foxo de lobo de Campo, charcas

·       Posibles grupos: Centro de FP A Granxa; ADEGA; alumnos e profesores do CUVI; ANPAs de centros de ensino




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade