Exposición no concello de Covelo
“A serra do Suído e costas do Alén”, e unha exposición sobre os valores destes dous lugares do concello, que contan cunha gran riqueza de biodiversidade.
A exposición, está formada por 7 paneis explicativos, que recoren os habitats mais significativos da serra, e ribeira : as matogueiras, os bosques, os ríos, as turbeiras e humedais, así como o seu gran patrimonio etnográfico.
Exposición itinerante
Despois do seu paso polo concello, a exposición comezará unha viaxe que a levará polos seguintes lugares:
· Barcia de Mera
· Bar de
· Reitoral de Fofe
· A Graña
· CUVI
Unha vez rematada a itinerancia, a exposición descansará nun lugar permanente do concello.
O proxecto: Accións para incrementar a Biodiversidade da Serra do Suído e costas do Alén
A exposición está encadrada dentro do proxecto de conservación do patrimonio natural na serra do suído e nas costas do río alén, que se está a desenvolver dende outubro do ano pasado, e que conta co apoio das comunidades de montes de Barcia de Mera, Campo e Fofe.
Abrangue 3 áreas:
1. Facer un inventario das especies e hábitats de maior importancia ecolóxica en toda a serra do suído. para conservar mellor a longo prazo, é imprescindible saber máis sobre o estado actual da biodiversidade.
2. Realizar unha serie de accións prácticas en sete diferentes lugares nos montes veciñais de campo, fofe e barcia de mera, para mellorar a calidade dalgúns dos hábitats máis importantes.
3. Actividades e materiais complementarios para informar, sensibilizar e animar a participación de veciños e do público xeral nesta importante aposta para a conservación do valor natural do suído.
O proxecto é posible grazas a un premio recibido da Rede +Biodiversidade 2010 da Federación española de municipios e provincias.
Sensibilización e participación
Outras accións dentro do proxecto, que se desenvolverán nos meses de marzo, abril e maio son:
1. Charlas formativas ao público xeral, sobre o valor do patrimonio natural e etnográfico local, con especial incidencia na Rede Natura 2000: En Barcia de Mera e en Fofe.
2. Xornadas voluntariado, dirixido a veciños e veciñas:
· En Chan de Mons: instalación de caixas niño, eliminación rebrotes eucalipto.
· No pastizal de Fofe: limpeza pedras-tobogán, arreglar chozo, plantas acuáticas no abrevadero.
Xornada formativa gandeiros, sobre a interacción da gandeiría e o medio natural na Serra do Suído: Na Graña.
10 saídas educativas:
Con grupos escolares
· Itinerario polo río Alén desde o mosteiro.
· Estudo de hábitats de río e ribeiras, mostreo de macroinvertebrados.
Con outros grupos
Roteiro de 4-5 horas pola serra incluíndo Portela das Travesas, Chan do Libro, Bidueiros, pastizal de Fofe, foxo de lobo de Campo, charcas
· Posibles grupos: Centro de FP A Granxa; ADEGA; alumnos e profesores do CUVI; ANPAs de centros de ensino.