Foodtruck Galicia Sabe AMAR
- 16/03/2025 -
Domingo 16 de marzo, unha das foodtrucks estarán no concello de COVELO no seguinte emprazamento: Praza Mestre Cerviño de 12:00 a 15:00 e de 17.00 a 19.00 horas.
GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.
Neste 2025 a iniciativa volve á estrada de novo a través de catro foodtrucks que levarán o sabor das nosas rías a toda Galicia. En cada parada no camiño, os visitantes poderán degustar algún dos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.
