Actualidade e Noticias



Covelo apoia á ANPA do CEIP Antonio Rodríguez Blanco con preto de seis mil euros
- 28/12/2022 -

O alcalde Pablo Castillo informa que vén de asinar o convenio de colaboración coa ANPA para posibilitar o servizo de aula matinal e o desenvolvemento de actividades socio-educativas
O Concello de Covelo vén de outorgar a cantidade de 5.700€ á Asociación de Nais e Pais do CEIP Antonio Rodríguez Blanco e formaliza así o seu apoio ás iniciativas das nais e pais da asociación.


Este convenio fai posible que dende a ANPA se ofreza o tan necesario servizo de aula matinal, indispensable para contribuír nunha mellor conciliación familiar e laboral. O alcalde, Pablo Castillo, agradece á directiva da ANPA o seu traballo e contribución ao facilitar o día a día das familias de Covelo.


Mellorar o día a día das persoas do noso concello con máis e mellores servizos é o noso obxectivo. Apoiar ás familias é para nós unha prioridade por iso dende o ano 2017 levamos colaborando coa ANPA para ofertar este servizo no que as nenas e os nenos son atendidos dúas horas antes do horario de comezo da actividade lectiva”, explica o alcalde.


Esta axuda tamén permite que a ANPA poida ofrecer actividades socio-educativas ao longo de todo o curso ampliando, en moitas ocasións, o horario de estancia de tarde no centro educativo e, polo tanto, contribuíndo tamén á conciliacion familiar e laboral. Ademais, estas actividades supoñen unha ocasión para desenvolver habilidades artísticas e deportivas e brindan un espazo de lecer e socialización aos cativos e cativas participantes.


Estas axudas outorgadas á ANPA súmanse ás destinadas a clubs deportivos por un total de 6.000 euros e ás concedidas a asociacións e colectivos culturais e medioambientais con 8.000€ sumando entre as tres partidas 19.700€.


Preto de vinte mil euros que supoñen un respaldo ao asociacionismo e un recoñecemento da importante labor que desempeñan ao longo de todo ano no coñecemento, posta en valor e oferta de actividades para a cidadanía.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade