DECRETO DA ALCALDÍA
ASUNTO: CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DUNHA BOLSA DE ESTUDIO PARA A REALIZACIÓN DE CATRO MESES DE PRÁCTICAS ( 704 HORAS) NA OFICINA DE TURISMO DE COVELO Ó ABEIRO DAS AXUDAS DO PADROADO PROVINCIAL DE TURISMO “RÍAS BAIXAS”
Este  Concello solicitou subvención ante o Padroado Provincial de Turismo  “Rías Baixas” ó abeiro das bases publicadas no Boletín Oficial da  Provincia de data 29 de outubro de 2010 para a concesión dunha beca para  a realización de 4 MESES (704 HORAS) de prácticas na oficina de turismo de COVELO.
O  carácter temporal desta beca fai que se aproben os seguintes criterios  para a selección do seu destinatario, que en todo caso garanten  suficientemente os principios de igualdade, mérito e capacidade, de  obrigado cumprimento.
Así, de conformidade co sinalado no artigo 21.1.g) da Lei 7/85, DISPOÑO:
1º. Aproba-la correspondente beca anteriormente mencionada.
2º.  Aproba-los seguintes criterios e procedemento ós que se axustará a  selección do/a bolseiro/a, sendo imprescindible cumprir cos requisitos  de titulación referente a cada posto: Diplomado  en Turismo ou equivalente, ou Técnico Superior de Información e  Comercialización Turística, no momento da convocatoria de selección. A  titulación debera ser, cando menos, obtida no ano 2002 ou con  posterioridade a esta data. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en  centros españois non estatais deberán ser validados ou recoñecidos, e  tendo en conta a posibilidade de aumenta-la puntuación segundo o baremo  exposto a continuación.
 
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
Ofertar unha  beca ou bolsa de estudio a un Diplomado en Turismo ou equivalente, ou  Técnico Superior de Información e Comercialización Turística, no momento  da convocatoria de selección. A titulación debera ser, cando menos,  obtida no ano 2002 ou con posterioridade a esta data. Os títulos obtidos  no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán ser  validados ou recoñecidos. As tarefas do posto serán o desenvolvemento  das actividades de información, animación e  promoción turística do municipio de COVELO que leve a cabo o Concello ou  organicen outras Administracións, organismos autónomos ou outras  entidades, públicas ou privadas coas que o Concello decida colaborar ou  intervir.
            No  suposto de que o Concello obteña outras mais becas para a realización  das referidas actividades estas poderán ser adxudicadas ás persoas que  obtiveran a maior puntuación no presente concurso, sen necesidade de  efectuar unha nova convocatoria.
2.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
2.1. Para ser admitidos á realización do proceso selectivo os aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
·        Ser español/a ou cidadá de calquera dos estados membros da Comunidade Europea e residir en España.
·        Ter cumpridos 16 anos de idade.
·        Estar  en posesión do título de Diplomado en Turismo ou equivalente, ou  Técnico Superior de Información e Comercialización Turística, no momento  da convocatoria de selección. A titulación debera ser, cando menos,  obtida no ano 2002 ou con posterioridade a esta data. Os títulos obtidos  no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán ser  validados ou recoñecidos..
·        Non  padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou  psíquica que sexa incompatible co desenvolvemento das funcións propias  do posto para o que se selecciona.
·        Non  estar separado do servizo de ningunha administración pública en virtude  do expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado, por sentencia  firme, para o exercicio de funcións públicas.
·        Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade sinalados na lexislación vixente.
 2.2.  Todos os requisitos esixidos no apartado anterior deberán posuílos os  aspirantes o día do remate do prazo para a presentación de solicitudes e  conservalos, a lo menos, ata a data da súa contratación.
3.- CONTÍA
O importe total da beca é de 5.280,00 €, que serán satisfeitos en meses vencidos a razón de 7,5 € / hora traballada ,( Total 704 horas ) computadas dende a data de inicio da actividade.
Segundo as bases publicadas polo Padroado de Turismo “Rías Baixas”, correspóndelle a este Concello a achega económica do 50% da beca.
No  suposto de que o beneficiario da bolsa renuncie á mesma unha vez  outorgada, abonaráselle a cantidade correspondente ós días transcorridos  ata que se produza a renuncia.
4.- NATUREZA DA BOLSA
O  bolseiro non terá relación laboral nin contractual co Concello nin será  incluído na seguridade Social. No obstante, o Concello formalizará un  seguro individual de accidentes a favor do/a beneficiario/a beca que  cubra o risco durante o período de duración da mesma.
5.- DURACIÓN
O período de duración das actividades a realizar será de CATRO MESES (704 horas) contados a partir da data de inicio.
6.- TAREFAS
As  tarefas que desenvolverá os bolseiro consistirá en tarefas de  información, animación e promoción turística do Concello de COVELO.
7.- PUBLICIDADE
Se  dará publicidade a convocatoria desta bolsa coa publicación das bases  no taboleiro de anuncios do Concello, da páxina web do mesmo e cun  anuncio no BOP e, no seu caso, no Faro de Vigo.
8.- SOLICITUDES
As  solicitudes para participar no concurso deberán presentarse no Rexistro  Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas ou en calquera das  formas admitidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992 , de 26 de novembro , de  réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento  administrativo común no prazo de 10 días hábiles dende o día seguinte á  publicación do anuncio desta convocatoria na prensa local. Se algún dos  interesados fixera uso da facultade de presentar as súas ofertas por  correo ou noutra oficina administrativa distinta da local, ao abeiro do  que dispón o artigo 80 do RXCAP, deberá acreditar co resgardo  correspondente, a data de imposición do envío na Oficina de Correos ou  na oficina administrativa , e anunciar o mesmo día ao Concello por  télex, fax ou telegrama a remisión da documentación, xunto con copia do  antedito resgardo. Sen cumprir ditos requisitos non será admitida a  documentación no caso de recepción fóra do prazo fixado no anuncio de  convocatoria.Transcorridos 5 días hábiles desde a data indicada sen ter recibida a documentación, esta non será admitida en ningún caso.
As instancias irán acompañadas dos seguintes documentos:
·        Fotocopia compulsada do D.N.I.
·        Fotocopia compulsada do título académico.
·        Certificado do expediente académico e Currículo vitae xuntando a documentación acreditativa dos méritos alegados.
·        Informe de vida laboral.
·        Contratos ou certificados de servizos prestados
·        Declaración  xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fora seleccionado,  a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que dure a  bolsa
.Os  solicitantes indicarán na instancia os seus datos persoais e deberán  facer constar un teléfono de contacto para realizar o chamamento para  calquera citación relacionada con esta selección.
 Rematado  o prazo de presentación de instancias se ditará Resolución coa  declaración dos aspirantes admitidos, composición da Comisión  Cualificadora e sinalamento da data de realización das probas de  valoración, Resolución que se publicará no taboleiro de anuncios do  Concello.
Os  aspirantes excluídos disporán dun prazo de 3 días, contados a partir do  seguinte ó da publicación da resolución, para poder corrixir ou  emendar, de ser o caso, o defecto que motivase a exclusión. No  suposto de que se produzan reclamacións deberá ditarse nova resolución  estimándoas ou desestimándoas coa publicación da lista definitiva no  taboleiro de anuncios do concello.
O  feito de figurar incluído na relación de admitidos non prexulga que se  lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no  procedemento selectivo convocado, os cales deberán de ser xustificados  documentalmente no suposto de que os aspirantes admitidos superen as  probas selectivas.
9.- COMISIÓN DE SELECCIÓN
Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha comisión de selección, que estará integrada polos seguintes membros:
·        Presidente: Secretaria- Interventora do Concello.
·        Vocal: Funcionario auxiliar adscrito a Secretaría .
·        Vocal: Auxiliar de Desenvolvemento Local.
·        Vocal: Técnico do Padroado de turismo “Rías Baixas”.
·        Secretario: Funcionario adscrito á Intervención.
A comisión seleccionadora reunirase dentro  dos quince días seguintes a data do remate da presentación das  solicitudes as 10:00 horas para a baremación dos méritos aportados e  celebración da entrevista persoal.
10.- VALORACIÓN DE MÉRITOS
O  proceso selectivo estará composto dunha fase de concurso e dunha  entrevista persoal. Na fase de concurso os méritos a valorar serán os  seguintes:
10.1.  A selección do bolseiro efectuarase mediante a valoración dos méritos  acreditados polos interesados segundo o seguinte baremo:
1 - Méritos académicos - Ata un máximo de 10 puntos
A • Expediente académico dos Diplomados en Turismo, tendo en conta a nota media:
                        • Matrícula de honra: 5 puntos
                        • Sobresaínte: 4 puntos
                        • Notable: 3 puntos
                        • Ben: 2 puntos
                        • Aprobado: 1 punto
            B • Expediente académico para os Técnicos Superiores  de Información e Comercialización Turística, tendo en conta a nota media:
                        • Matrícula de honra: 2,5 puntos
                        • Sobresaínte: 2 puntos
                        • Notable: 1,5 puntos
                        • Ben: 1 punto
                        • Aprobado: 0,5 puntos
2.  Por ter asistido a cursos de formación e perfeccionamento impartidos en  Centros Oficiais, Universidades, Colexios Oficiais ou Escolas de  Administración Pública relacionadas coas materias obxecto desta  convocatoria – Ata un máximo de 2 puntos
A.      Master ou Postgrado (relacionado co sector turístico): 1 punto    
B.      CURSOS: 
    
        
            | 
             DURACIÓN / HORAS 
             | 
            
             PUNTOS 
             | 
            
               
             | 
        
        
            | 
             100 ou máis horas 
             | 
            
             0.25 puntos 
             | 
            
               
             | 
        
        
            | 
             De 60 a 99 horas 
             | 
            
             0.20 puntos 
             | 
            
               
             | 
        
        
            | 
             De 30 a 59 horas 
             | 
            
             0.15 puntos 
             | 
            
               
             | 
        
        
            | 
             De 10 a 29 horas 
             | 
            
             0.10 puntos 
             | 
            
               
             | 
        
        
            | 
             9 ou menos horas 
             | 
            
             0.05 puntos 
             | 
            
               
             | 
        
        
            | 
               
             | 
            
               
             | 
        
        
            | 
               
             | 
            
             DURACIÓN/CRÉDITOS 
             | 
            
             PUNTOS 
             | 
        
        
            | 
               
             | 
            
                  De 10 ou máis créditos 
             | 
            
             0.25   puntos 
             | 
        
        
            | 
               
             | 
            
             De 6 a 9 créditos 
             | 
            
             0.20 puntos 
             | 
        
        
            | 
               
             | 
            
             De 3 a 5 créditos 
             | 
            
             0.15 puntos 
             | 
        
        
            | 
               
             | 
            
             De 1 a 5 créditos 
             | 
            
             0.10 puntos 
             | 
        
        
            |   | 
              | 
              | 
              | 
        
    
 
 No suposto de que non se acredite a duración dos cursos, serán valorados a razón de 0.05 puntos.
3.  Coñecemento de idiomas – Ata un máximo de 2,50 puntos e serán  computables un máximo de dous idiomas, a razón de un máximo de 1,25  puntos cada idioma. No caso de que os cursos de idiomas sexan valorados  polo número de horas, aplicarase o baremo dos cursos.
No caso de que os cursos de idiomas sexan dunha Escola Oficial o baremo será o seguinte:
    
        
            | 
             Nivel   Básico                   Nivel   Medio                       Nivel   Avanzado 
             | 
        
        
            | 
             0.75   puntos                     1 punto                               1.25 puntos 
             | 
        
    
 
4.  Coñecemento acreditado do idioma galego: ata un máximo de 0.50 puntos  (no caso de ter varios cursos terase en conta só o de maior puntuación):
    
        
            | 
             Curso de iniciación   ou Celga 3                                      0.25   puntos 
             | 
        
        
            | 
             Curso   de Perfeccionamento ou Celga 4                        0.50 puntos 
             | 
        
    
 
9.2  Os tres aspirantes con maior puntuación, pasarán a realizar unha  entrevista persoal, que será valorada ata un máximo de cinco (5) puntos, na que se tratarán todos aqueles aspectos relacionados coas funcións a desenvolver no posto, funcionamento da oficina de turismo.
A  Comisión poderá, en calquera momento, convocar ós solicitantes para  aclaracións que teñan relación coa documentación do seu currículo.
Aquel/a que obteña a máxima puntuación, será proposto/a á Alcaldía.
A Resolución de Alcaldía será notificada ó/á interesado/a.
11.- SUSTITUCIÓNS
No  caso de que se produza a renuncia por parte da persoa que resulte  adxudicataria, o Concello procederá ó nomeamento do seguinte  peticionario que obtivese maior puntuación, polo tempo que reste ata a  finalización do período de duración da beca, reducíndose  proporcionalmente a contía da beca e procedéndose do mesmo xeito en  renuncias consecutivas.
12.- OBRIGAS DO BOLSEIRO
Os  beneficiarios das becas deberán presentar ó finalizar o período da beca  unha memoria na que se recolla unha referencia dos traballos  realizados, unha valoración dos recursos turísticos ofertados, demandas  dos turistas, deficiencias dos servizos e proposta de accións para  mellora.-la oferta turística.
Covelo, 7 de marzo de 2011
O ALCALDE                             Ante min, A SECRETARIA