Actualidade e Noticias



Covelo destina 6.000€ aos clubs deportivos locais
- 27/12/2022 -

O alcalde Pablo Castillo informa que veñen de se asinar os convenios anuais cos clubs deportivos locais que se suman ás demais axudas nominativas por un total de 19.700€
O Concello de Covelo informa da sinatura dos distintos convenios mediante os que se apoia aos clubs deportivos locais para facilitar que sigan desenvolvendo a súa actividade.


En concreto, o Club Covelo de Patinaxe Artística recibe 2.500€, o Covelo Club de Fútbol, 3.000€ e o Covelo Fútbol Sala, 500€. Segundo explica o alcalde Pablo Castillo, é imprescindible brindar todo o apoio posible a estes clubs que fan posible a práctica deportiva non só de ducias de nenos e nenas, tamén de adultos. “Ter a posibilidade de desenvolver actividades deportivas no propio lugar de residencia é un servizo moi importante non só por cuestións lúdicas e deportivas tamén para fomentar hábitos de vida saudables e promover momentos de encontro e socialización”.


Estas axudas ao deporte, dun total de 6.000€, súmanse ás concedidas a asociacións e colectivos de carácter cultural e medioambiental por un total de 8.000€ e ás concedidas á Asociación de Nais e Pais do CEIP Antonio Blanco Rodríguez de 5.700€. Deste xeito, o goberno de Covelo destina un total de subvencións nominativas a clubs e entidades sociais de 19.700€ promovendo, así, o asociacionismo local “tan fundamental para o desenvolvemento persoal do día a día das persoas”, engade Pablo Castillo.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade