Documental "Fontán, o primeiro rostro de Galicia"
- 15/11/2024 -
O Concello de Covelo achegou a historia e o legado de Domingo Fontán ao alumnado de 5º e 6º do CEIP Antonio Blanco Rodríguez.
O luns en colaboración coa Deputación Pontevedra, realizouse unha actividade con proxección dunha peza audiovisual onde os estudantes descubriron o proceso que levou a Fontán a crear a Carta Xeométrica de Galicia (1845), o primeiro mapa topográfico e científico da nosa comunidade.
O Alcalde, Juan Pablo Castillo e a concelleira de Cultura Lourdes Enes acompañaron aos estudantes nesta experiencia educativa.