Proxecto "Laboratorio da Paisaxe"
- 26/10/2024 -
Fornelos de Montes, A Lama e Covelo acollen o proxecto "Laboratorio da Paisaxe" o 26 e 27 de outubro.
As persoas participantes poderán gozar de actividades vencelladas á arquitectura da paisaxe, á fotografía, apicultura, á escultura e á ecoloxía do lume. A través de roteiros,obradoiros e relatorios e da man do escultor Xesús Padín, o arquitecto Manuel Bugallo, o historiador Fran García, o técnico forestal Gustavo Álvarez, a arquitecta Sheila García, as
apicultoras Melissa Terán e Fátima Estévez e o fotógrafo e biólogo Julio Eiroa; os asistentes percibirán o territorio da Serra do Suído dende unha visión holística.