Degustación recetas realizadas a base de produtos certificados do mar e da terra.
- 12/10/2024 -
Sábado 12 de outubro, unha das foodtrucks da campaña da Xunta de Galicia "Galicia Sabe Amar" estarán no concello Covelo na Praza Mestre Cerviño de 12:00 a 15:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Neste 2024 a iniciativa volve á estrada de novo a través de catro foodtrucks que levarán o sabor das nosas rías a toda Galicia. En cada parada no camiño, os visitantes poderán degustar algún dos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.