Present News



El Ayuntamiento de Covelo firma los convenios de colaboración con asociaciones y colectivos locales
- 14/12/2022 -

O alcalde Pablo Castillo adianta que seguirá apoiando aos colectivos que contribúen na dinamización e coñecemento do noso patrionio cultural e medio ambiental
O Concello de Covelo informa que se veñen de asinar os distintos convenios mediante os que se apoia a colectivos e asociacións locais que promoven o coñecemento do noso concello.


Por ser elementos fundamentais para a dinamización e posta en valor do noso patrinonio natural e cultural sete colectivos de Covelo reciben un total de 8.000€ neste ano 2022. O alcalde, Pablo Castillo, adianta que seguirá apoiando o traballo destes e doutros colectivos que contribúan a prolongar o legado medioambiental e patrimonial.


Concretamente, a asociación de mulleres e familias do ámbito rural Fragas do Tea recibe mil euros polas clases de canto e percusión tradicional galega; a coral Xuntanza pola realización de actividades músico-didácticas, 1.000€; a asociación Terra por Terra de Barcia de Mera, 1.500€; a fundación EOMAIA, 500€; a asociación cultural e deportiva Xabriña de Paraños, 500€; a asociación para o Desenvolvemento do Alto Tea Covelonatural polo asesoramento técnico e didáctico en bioloxía en dúas saídas prácticas ao Montouto e á serra do Suído, 500€ e a asociación cultural Ciclo de Música de Barcia de Mera, 2.500pola organización do ciclo de música que cada ano ten lugar na igrexa de San Martiño.


Son para nós iniciativas que non só nos recordan os bens e potenciais que temos, tamén atraen a milleiros de persoas ao noso concello beneficiando ao resto dos sectores económicos”, explica o alcalde Pablo Castillo.


Estas axudas súmanse as outorgadas á Asociación de Nais e Pais do CEIP Antonio Blanco Rodríguez por un total de 5.700€ e aos clubs deportivos locais por un total de 6.000€ sumando xunto ás axudas aos colectivos cuturais e medioambientais un total de 19.700€.


O goberno de Covelo amosa así o seu compromiso co asociacionismo considerándoo fundamental para o desenvolvemento persoal das veciñas e dos veciños e posilitando, ademais, que poidan realizar actividades sen saír do seu concello.





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade