Present News



Covelo celebra a súa gala dos VIII galardóns €Síntete Covelo€
- 13/12/2022 -

Este domingo o investigador Estanislao Fernández de la Cigoña e o biólogo Julio Eiroa recibirán un recoñecemento pola súa implicación na posta en valor do noso patrimonio cultural e natural
Este domingo día 18 o auditorio municipal do Concello de Covelo celebra a súa gala de entrega dos galardóns “Síntete Covelo” que este ano recoñece o traballo polo biólogo Julio Eiroa Mera e a traxectoria do investigador Estanislao Fernández de la Cigoña.


Pola súa contribución ao coñecemento e posta en valor do noso patrimonio natural e cultural, o Concello de Covelo entregará este domingo ás 18:30 os galardóns, “con estes premios queremos salientar o traballo de determinadas persoas que pola súa implicación contribúen a difundir o nome do noso concello e das nosas riquezas medioambientais, etnográficas e culturais”, explica o alcalde Pablo Castillo.


Como en cada edición, o Concello abríu un prazo de tempo no que a cidadanía puido propor candidatas e candidatos xustificando a súa candidatura. Esta ano o recoñecemento é para o biólogo, guía de montaña e fotógrafo Julio Eiroa que fai posible que moitas persoas de dentro e de fóra da área metropolitana valoren máis o noso medio ambiente a través sempre o coñecemento científico da zona.


O investigador e divulgador Estanislao Fernández será tamén recoñecido este domingo en Covelo pola súa labor na conservación e divulgación do patrimonio cultural e das tradicións facendo posible que chegue ás novas xeneracións.


Os artistas Ialma e Antonio Barros pecharán esta gala cunha actuación musical. O Concello de Covelo, a través da concelleira de Cultura Lourdes Enes, convida a toda a cidadanía a participar neste evento anual que “premia a dedicación, o vencello e o cariño que manifestan os e as premiadas e no que faremos un brindis e un aperitivo para desexar unhas boas festas a todos e todas as persoas participantes”.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade