Actualidade e Noticias



Este domingo, coñece o sendeiro Val do Louro en Covelo
- 09/12/2022 -

O Concello de Covelo oferta esta actividade gratuíta na que realizar un roteiro de 12 km de dificultade media e cinco horas de duración
Promover hábitos de vida saudables e coñecer o patrimonio natural son dous dos obxectivos desta actividade de andaina e coñecemento do sendeiro Val do Louro que o Concello de Covelo oferta totalmente de balde este domingo día 11.

 

Dentro da programación de roteiros guiados que ofrece o Concello co apoio da Deputación de Pontevedra, as persoas participantes percorrerán 12 kms en arredor de cinco horas ao longo dun sendeiro de dificultade media e trazado circular.

 

O punto de encontro e comezo do roteiro será a estrada PO-255, no km35 no cruce Cernadera ás 09:00 horas. Para participar é preciso realizar unha inscrición previa no número de teléfono habilitado polo guía Julio Eiroa, 654 500 652. O número de participantes é limitado a 25 e recoméndase levar calzado, vestimenta e accesorios axeitados para a práctica do sendeirismo así como protección solar, bebida e alimento reconstituínte para tomar durante o roteiro.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade