Novas
Teatro na Praza Mestre Cerviño en Covelo venres 21.06.2024 ás 20 h
- 21/06/2024 -
Trepas é o alcume dun xove habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha
singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha
singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?
Teatro O Cubo en coprodución co Centro Dramático Galego aposta por dar o protagonismo aos monicreques neste reto escénico coa teima de sempre: que persoas de todas as idades poida gozar das súas propostas.
Beatriz Vega encárgase do deseño e a plástica, Roi Vidal crea unha disparatada trama na que se mestura identidade rural galega, superpoderes e 40 anos de Centro Dramático Galego. O resultado é unha divertida peza de títeres que percorrerá prioritariamente o rural galego a bordo da “Utópica Rodante”, un vehículo que transportará o teatro e Covelo acollerá esta intrepida proposta.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade