Actualidade e Noticias



Tarde informativa sobre a saúde do pé no Concello de Covelo
- 07/12/2022 -

O martes día 13 ás 19 horas no auditorio municipal
O Concello de Covelo convida a participar na tarde informativa sobre a saúde do pé que se ofrece totalmente de balde no auditorio municipal, debaixo das instalacións da biblioteca pública municipal co obxectivo de formar á poboación e previr posibles doenzas evitables con boas prácticas no día a día.


Enmarcada dentro do programa Coidados Porta a Porta da Xunta de Galicia terá lugar o vindeiro martes día 13 ás 19 horas. O podólogo responsable deste servizo achegará nocións, recomendacións e bos hábitos para mellorar a saúde dos nosos pés.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade