Novas
Obradoiros de memoria e aprendizaxe.
- 16/04/2024 -
Para realizar tarefas para exercitar as capacidades mentais o obradoiro "Cultiva a Mente" é un proxecto que abrangue a prevención da demencia e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo e emocional.
 Para persoas maiores de 55 anos sen deterioro cognitivo, interesadas na prevención do deterioro cognitivo e o coñecemento do envellecemento activo.
Sesións todolos xoves entre o 9 de maio e o 31 de decembro de 2024 de 10.30 h a 12.00 h. na sala multiusos do edificio usos múltiples do Concello de Covelo (excepto xullo e agosto, o obradoiro permanecerá pechado por vacacións).
Prazo para inscribirse ata o 3 de maio de 2024 ás 14 h nas oficinas xerais do Concello de Covelo de luns a venres 8 h a 14 h ou no telf. 986650027.
Máximo 15 persoas.
A programación de actividades de promoción turística,cultural e da saúde do Concello de Covelo conta co apoio da Deputación de Pontevedra.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade