O Concello de Covelo quere amosar así o seu total rexeitamento contra este tipo de violencia que atenta contra as mulleres. Ademais, este acto pretende lembrar ás vítimas e condenar os asasinatos que este ano 2022 suman 38 mulleres asasinadas. O Concello quere amosar, tamén, o seu compromiso para seguir tomando medidas para erradicar estes feitos.
O departamento de Igualdade, ofrece na páxina web do Concello recursos, ferramentas, e números de teléfonos de interese para as mulleres https://igualdade.concellodecovelo.es/index.php/7-2/