Para a mellora das condicións de viabilidade nesta pista de titularidade municipal renovouse a rodadura e a drenaxe xa que se atopaba en mal estado con moitos baches e danos provocados polas raíces das árbores, ademais de estar obstruídas as cunetas.
Para executar estes traballos procedeuse ao saneo do firme a través da retirada de raíces e posterior recheo e asfaltado con mestura bituminosa en quente. Tamén se colocou sinalización vertical e se pintaron tres stops nos puntos necesarios e garantir así maior seguridade vial.
As obras tiveron un custe total de 50.774,65€ con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais 22-23 de AGADER .
O goberno do Concello de Covelo continúa na súa aposta por servizos e infraestruturas públicas de calidade que faciliteno día a día da veciñanza.