Present News



A asociación Covelo Natural convida a participar nas XXVIII Xornadas Micolóxicas e Ambientais
- 09/11/2022 -

Actividades para escolares, saídas didácticas guiadas, obradoiros gastronómicos, degustacións, charlas e proxección de documentais completan a programación desta nova edición
Coñecer a riqueza micolóxica que agocha o noso concello” é o obxectivo principal desta iniciativa da Asociación para o Desenvolvemento do Alto Tea Covelo Natural que organiza as XXVIII Xornadas Micolóxicas e Ambientais que terán lugar dende o mércores 16 de novembro ao sábado 3 de decembro.


Un ano máis volverán a amosar ao alumnado do CEIP Antonio Blanco a riqueza micolóxica do concello cunha charla didáctica e saída guiada na que recollerán cogumelos para clasificalos. Ademais participarán na exposición micolóxica e no concurso fotográfico escolar. A actividade será o mércores 16 de novembro.


O sábado 19 de novembro terá lugar a mañá de charla e ruta e a tarde de micogastronomía e degustación. A partir das 10 horas as persoas participantes recibirán coñecementos para a identificación das variedades máis frecuentes na comarca e ás 11 horas sairán de ruta para rematar expondo as pezas recollidas. Manuel Garea Castro. e Alfonso Rey Pazos serán os encargados de guiar ás e aos participantes. Ás 20:30 horas prepararase o tapeo/degustación micolóxica no bar O Buraco da Praza Mestre Cerviño de Covelo.


A última actividade terá lugar o sábado 3 de decembro no que ás 10 horas terá lugar a saída micolóxica guiada e posterior exposición das variedades atopadas. A actividade estará guiada por MycoGalicia Plantae. Ás 17 horas no auditorio municipal de Covelo poderase visitar a exposición fotográfica, ademais ofrecerase unha charla sobre “Normativa de aproveitamento e xestión de coutos micolóxicos”, tamén se proxectará o documental sobre o papel ecolóxico dos fungos. Ás 20:30 horas celebrarase o obradoiro de micogastronomía con tapeo/degustación micolóxica e música en vivo no restaurante Lemos do barrio da Ermida, Covelo.


As persoas interesadas informan que as saídas estarán limitadas a vinte persoas por ruta podendo inscribirse no número de teléfono 686 621 991 tanto para as saídas como para o resto das actividades nas que non hai límite de participantes. As actividades contan co apoio do Concello de Covelo e da Deputación de Pontevedra e serán de balde, agás as degustacións que terán un prezo de 5€ para sufragar os custos de elaboración.





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade