Novas
Subministracións para a mellora de espazos públicos.
- 31/03/2023 -

O Concello de Covelo finalizou o ano 2022 coa concesión dunha subvención por parte da Deputación de Pontevedra por importe de 8.100,95 para a adquisición de subministracións para a mellora de espazos públicos.

Nesta ocasión o importe da subvención destinouse a: subministro e instalación de varanda galvanizada e acabado en pintura negra, con altura de 95 cm para o Campo da Festa en A Graña, xogo de postes de tenis metálicos fixos e rede de tenis para a Pista Polideportiva de Barcia de Mera, subministro e instalación de farois solares no Parque infantil de A Graña, a Pista Polideportiva de Barcia de Mera e Lugar de Outeiro (Santa Mariña), subministro e instalación de varanda de madeira en Arroteña (Casteláns) e bancos de madeira para a Praza de Barcia de Mera.









<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade