Actualidade e Noticias



Últimos cursos do VI Plan de Formación de Covelo
- 08/11/2022 -

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de informática e contabilidade básica e limpeza industrial
O concello de Covelo informa que está aberto o prazo de inscrición para os cursos de informática e contabilidade básica e limpeza industrial ennmarcados dentro da terceira fase do VI Plan de Formación do Concello.


O curso de informática e contabilidade básica impartirase do 12 de decembro ao 21 de decembro e durará un total de corenta horas. En horario de mañá de 09 a 14 horas e na sala multiúsos do edificio de usos múltiples do Concello, o alumnado adquirirá coñecementos de manexa de e-mail, procesador de textos, follas de cálculo, conceptos básicos de metodoloxía contable, estrutura e funcionamento dunha conta, estados financieiros, peche contable e peche fiscal ou contas anuais, entre outras materias.


Pola súa banda, o curso de limpeza industrial desenvolverase do 1 ao 2 de decembro cun total de 10 horas de formación impartidas en horario de 09 a 14 horas na sala multiúsos e no pavillón municipal que será onde se realizarán as prácticas coas máquinas.


Os prazos de inscrición serán ata o 30 de novembro para o curso de informática e contabilidade básica e ata o 22 de novembro para o curso de limpeza industrial.


Co obxectivo de mellorar o currículo das persoas e a inserción laboral, o Concello pon en marcha estes novos curso despois de ter recollido a través dun proceso de participación ás necesidades formativas da veciñanza. Con isto, e analizadas as demandas do mercado laboral, o concello de Covelo realizará este ano arredor de sete cursos sumando un total de 36 cursos de formación ao longo destas seis edicións.

As persoas desempregadas que estean empadroadas terán prioridade pero no caso de quedar prazas tamén poderán participar persoas empadroadas en activo e persoas doutros concellos. A inscrición deberá realizarse nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica do Concello.


O Plan de Formación continuará ofrecendo novos cursos co obxectivo “de facilitar a inserción laboral, mellorar o currículo das persoas e achegar formación de balde acorde coas demandas do mercado laboral á veciñanda do concello”, explica Lourdes Enes, concelleira de Formación e Emprego.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade