O Boletín Oficial da Provincia número 1 de 04/01/2021, publicou as Bases Reguladoras e Convocatoria do Plan Concellos 2021 da Deputación Provincial de Pontevedra. O Concello de Covelo solicitou e obtivo ó abeiro do dito plan ó financiamento de diversas actuacións. Unha vez liquidadas as obras, producíronse baixas nos orzamentos con cargo ao Plan Concellos na anualidade 2021, por elo este Concello considerou que o importe deste remanente se destinase á actuacións de mellora e acondicionamento de varios espazos públicos do municipio.
Con data 16/09/2022 a Deputación Provincial concede subvención por importe de 8.862,06€.
As actuacións que se levaron a cabo foron as seguintes:
As actuacións encamiñadas a mellora do equipamento, mediante a colocación de mesas de madeira con bancos incorporados e bancos de pedra, se destinarán á área Autocaravanas e Lavadoiro en Travesía de Vigo, na Pista Polideportiva de Barcia de Mera e na antiga escola de Redondo.
As actuacións para a mellora da percepción do espazo público no núcleo principal de Covelo son dúas; a instalación de letreiro ornamental en aceiro corten coas letras que conforman COVELO na praza Mestre Cerviño; e a iluminación mediante proxector LED na Rúa Alcalde Jose Costa Díaz, á altura da Igrexa de Santiago de Covelo.