Actualidade e Noticias



Tarde de teatro no auditorio municipal do Concello de Covelo
- 22/10/2022 -

A obra de teatro €Ás para Alex€ foi premiada na "25 Feira de Teatro de Castela e León, Cidade Rodrigo 2022"
 O concello de Covelo convida a toda a veciñanza a desfrutar dunha tarde de teatro no auditorio municipal. A obra de teatro para toda a familia “Ás Para Alex” chega ao auditorio municipal da man de Baoba Teatro. A cita será este domingo día 23 de outubro ás 19 horas no marco do programa “Tornar ás Táboas” da Deputación de Pontevedra co obxectivo de “democratizar” a cultura con funcións teatrais.


Alex é un neno como outro calquera que goza correndo, quedando cos amigos… pero un día ten que deixalo todo porque o seu corpo non responde. Esta obra, que se oferta totalmente de balde, está recomendada a partires dos cinco anos e dura cincuenta minutos.


Con motivo da conmemoración do día internacional contra o cancro de mama damos visibilidade á investigación e loita contra as doenzas cunha peza teatral "Ás para Alex" premiada na "25 Feira de Teatro de Castela e León, Cidade Rodrigo 2022" de Baobad Teatro, recomendada a partir de 5 anos.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade