Esta publicación, que espertará os nosos sentidos, supón unha viaxe a través dos debuxos e grafías da comuneira e mestra de Paraños, Karina Mouriño, e dos textos de Marcelo Rodríguez da Faia Educación Ambiental. As fotografías do presidente da Comunidade de Montes de Paraños, Xosé Manuel Sendín completan o percorrido por este libro deseñado polas profesionais de Magenta.
“Marmurios entre sombras” forma parte do proxecto da nova creación de dúas novas rutas de sendeirismo do río Xabriña e achegará aos lectores coñecementos pero tamén sensacións e emocións.
A Comunidade de Montes en Man Común de Paraños e o Concello de Covelo convidan a andaina que terá lugar ás 17 horas saíndo dende Cotarel para logo asistir á presentación, ás 20 horas, na casa cultural da parroquia donde ademais de ter a ocasión de mercar o libro poderemos gozar duns petiscos e da música en directo do cuarteto de cordas SuelenestartQuartet.