Present News



Marmurios entre sombras, un percorrido florístico e sensorial polas fragas do río Xabriña
- 14/10/2022 -

 A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Paraños presenta o sábado día 22 o libro “Marmurios entre sombras, Un percorrido florístico e sensorial polas fragas do río Xabriña” editado en colaboración co Concello de Covelo.


Esta publicación, que espertará os nosos sentidos, supón unha viaxe a través dos debuxos e grafías da comuneira e mestra de Paraños, Karina Mouriño, e dos textos de Marcelo Rodríguez da Faia Educación Ambiental. As fotografías do presidente da Comunidade de Montes de Paraños, Xosé Manuel Sendín completan o percorrido por este libro deseñado polas profesionais de Magenta.


Marmurios entre sombras” forma parte do proxecto da nova creación de dúas novas rutas de sendeirismo do río Xabriña e achegará aos lectores coñecementos pero tamén sensacións e emocións.


A Comunidade de Montes en Man Común de Paraños e o Concello de Covelo convidan a andaina que terá lugar ás 17 horas saíndo dende Cotarel para logo asistir á presentación, ás 20 horas, na casa cultural da parroquia donde ademais de ter a ocasión de mercar o libro poderemos gozar duns petiscos e da música en directo do cuarteto de cordas SuelenestartQuartet.



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade