Axenda
Axudas económicas a entidades locais da provincia de Pontevedra ante a situación de Seca
- 12/10/2022 -
Liña de execución de novas captacións de emerxencia para garantir a subministración
No BOPPO nº 174 de data 12/09/2022 a Deputación de Pontevedra publica as Bases reguladoras e convocatoria das axudas económicas a entidades locais da provincia de Pontevedra para realizar actuacións de emerxencia que garantan o abastecemento de auga potable domiciliaria ante a situación de Seca.

Ao abeiro destas bases o Concello de Covelo solicita e xustifica a execución de novas captacións de emerxencia para garantir a subministración. Esta liña de actuación desenvolveuse en Costa-Casteláns e Pazos- Santa Marina; o importe total da inversión realizada polo Concello ascendeu a cantidade de 4.524,66€.

Con data 22/12/2022 o Concello de Covelo recibe Resolución por parte da Deputación de Pontevedra pola que lle concede unha subvención pola realización da antedita actuación que ascende a cantidade de 4.524,66€.
 



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade