Actualidade e Noticias



Por sexto ano consecutivo Covelo premia a chegada dun novo membro ás familias coas axudas á natalidade
- 06/10/2022 -

O alcalde Pablo Castillo adianta que tamén se vén de aprobar as axudas para a adquisición de libros e material escolar para alumnado de educación infantil
Co obxectivo de apoiar ás familias o goberno de Covelo aproba por, sexto ano consecutivo, as axudas á natalidade. As familias que, nos seis meses previos á adopción ou nacemento, estean empadroadas no Concello de Covelo recibirán 500€ de axuda co compromiso de empadroar ao fillo ou filla.


O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, explica que con esta medida, ademais, preténdese fixar poboación. “A oferta de servizos como a escola infantil cun amplo horario, o colexio con comedor escolar, a aula matinal para poder deixar aos cativos e cativas dende primeira hora da mañá e a oferta por parte da ANPA de actividades extraescolares lúdicas, didácticas e deportivas xusto no remate do horario escolar son parte dos apoios que as familias atopan no noso Concello para poder conciliar a vida laboral e familiar”.


Ademais, Castillo adianta que tamén se veñen de aprobar ás axudas para adquisición de material e libros. Esta axuda, que tamén se aproba por sexto ano consecutivo, vai dirixida ao alumnado de educación infantil.


Co obxectivo de contribuír nos gastos que supón a escolarización, o Concello de Covelo ofrece o seu apoio ás familias de rendas máis baixas que estean empadroadas no concello durante a totalidade do curso escolar.


Prema aquí para obter máis información e os formularios de solicitude





<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade