News
Subvención Liña 2 Plan Concellos
- 06/04/2022 -
O subministro de enerxía eléctrica para a iluminación pública é un dos gastos correntes máis importantes e elevados para un concello. Segundo recolle o artigo 26 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local, modificado polo artigo 1, punto 9 da Lei 27/2013 de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, é un servizo obrigatorio que deben prestar todos os municipios.

A este respecto o Concello de Covelo recibe unha subvención da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos 2022-2023: Liña 2 - Gasto corrente novo, unha subvención por importe de 9.196,00 € para cubrir o gasto ocasionado por “Pago de facturas de subministro de enerxía eléctrica de febreiro de 2022".
 

 


<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade