O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) convoca en febreiro de 2022 distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2022 (códigos de procedemento VI422F e VI406A).
O Programa de infravivenda (VI406A) ten como obxectivo outorgar axudas aos concellos de menos de 10.000 habitantes para acometer actuacións urxentes e imprescindibles, para os efectos de mellorar o estado das edificacións ou vivendas propiedade dos concellos ou de persoas propietarias en risco de exclusión residencial.
Ao abeiro da devandita liña de subvención, o Concello de Covelo recibe, con data 14/06/2022, unha subvención por importe de 14.839,30€, correspondente ó 95% do orzamento proxectado, para a realización das seguintes actuacións nunha vivenda do termino municipal:
- Limpeza e reparación da cuberta, aleros e canalóns.
- Emplastecido e pintado exterior da vivenda.
- Cambio das ventás da vivenda.
- Trasdosado de paredes exteriores con illamento térmico.
- Revisión e reparación da instalación eléctrica.
- Cambio da instalación de fontanería e saneamiento de baño e cociña.
- Instalación de calentador a gas de 10 litros.
- Desmontado e substitución do falso teito da cociña.
- Enfoscado, alicatado das paredes do baño. Colocación de solado de gres, retirada e substitución de aparatos sanitarios...
- Grifería do baño e cociña.