Organizada en colaboración coa Deputación de Pontevedra no marco do programa "Mulleres en acción. Violencia zero" que entendeu a emerxencia feminista e a urxencia cultural que demandaba o momento e saíu á rúa levando nas súas pezas artísticas as problemáticas da situación actual: visibilizando, sensibilizando e implicando. Este programa aposta polas mulleres artistas que, nesta crise sanitaria, sufriron a cancelación e o aprazamento de case todos os seus proxectos culturais. Ademais do público xeral, tamén asistirá o alumnado do CEIP Antonio Blanco Rodríguez.
Co obxectivo de loitar pola igualdade o Concello de Covelo e a Deputación de Pontevedra ofrecen esta obra interpretada pola artista Andrea Valle que o público poderá desfrutar totalmente de balde.
Máis información de “Mulleres en acción. Violencia Zero”.