Novas
Charla divulgativa do Programa TOPONIMÍZATE e da aplicación colaborativa GALICIA NOMEADA
- 30/09/2022 -
Para este fin, explícase pormenorizadamente o uso da aplicación colaborativa Galicia Nomeada, así como a rendibilidade que se lle pode tirar a esta capa de información cultural unha vez que está xeorreferenciada e normativizada. Ademais, tamén se lles explica aos asistentes o significado dos topónimos maiores do concello onde se imparte a charla.

Charla impartida por Vicente Feijoo Ares: Coordinador da Unidade Técnica de Toponimia e Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG).
Venres 30 de setembro de 2022, as 11:30 h. no Auditorio Municipal de Covelo.
 A Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Real Academia Galega están ofrecendo charlas divulgativas por medio do programa TOPONIMÍZATE. Esta campaña informativa ten como obxectivo principal concienciar a cidadanía da riqueza cultural que se agocha detrás da microtoponimia galega e o risco que ten de perderse, para, deste xeito, involucrar á xente na súa salvagarda.


Sobre estas premisas asentan as bases da nova plataforma colaborativa en liña para a recolleita, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega denominada Galicia Nomeada.
Máis info aquí.




<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade