Axenda
Axuda de 200 euros para persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio.
- 19/09/2022 -
A solicitude presentarase na Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria, enchendo o formulario electrónico que para ese efecto se poña a disposición pola mesma ata o 30 de setembro de 2022.

Información e solicitudes aquí

Obxecto

Serán beneficiarios dunha axuda, en pago único, de 200 euros de contía, as persoas físicas que na data do 27 de xuño de 2022 realicen unha actividade por conta propia ou allea pola cal estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade, ou sexan desempregados rexistrados na oficina de emprego, sexan beneficiarios ou non da prestación ou subsidio por desemprego, sempre que en 2021 percibisen ingresos inferiores a 14.000 euros íntegros anuais, e tivesen un patrimonio inferior a 43.196,40 euros anuais.

Órgano responsable

Axencia Estatal de Administración Tributaria



<< Ver anterior noticia    |    Ir al listado    |    >> Ver siguiente noticia
 

Logos W3C-WAI Leader Agader UE Ministerio Sostibilidade